sábado, 15 de decembro de 2012

Ultimo programa do 2012

15 de DECEMBRO 

Comezamos esta ultima emisión de "Sempre en Galicia" coa intención de facerlles pasar dúas horiñas de radio en galego, cheas de noticias, entrevistas e conversas adubiadas coa "nosa música", a galega. Na primeira hora chamamos a Galicia, concretamente a VIGO, para falarmos, en exclusiva, con CARLOS NUÑEZ, que nos recibe moi amablemente e fainos sabedores de dous eventos importantes que vai a realizar en Barcelona: O luns 17 estará no CAT, de Gracia, para presentar o documental. BRASIL SOMOS NÓS, dirixido por ROBERT BELLSOLÀ, e con quen tamén temos a ledicia de falar con el, par aque nos informe dese acontecimiento. Outro evento, será o CONCERTO no XIV Festival del Mil.leni, que realizará na capela de SANTA MARÍA DEL PI , o día 18 de decembro. Faláronnos de moitas cosas. Non tivemos máis tempo nin espacio neste programiña, pero pregámoslles poder voltar a comunicarnos con eles en vindeiras ocasións para que nos falen dos seus traballos. Moitas preguntas quedaron no noso caletre (dende o noso facebook querían intervir moitos dos nosos oíntes e seguidores, pero non nos foi posible). Noutra ocasaión será. Prometémoslle-lo. Agradecementos ao noso GAITEIRO universal. Para nós foi unha honra poder falar con CARLOS NÚÑEZ.

A segunda comunicación é con XOSÉ LAMELA, na Baixa Limia, que nos presenta ao interlocutor desta semana: don LUÍS MENOR, Secretario Xeral da XUNTA en Ourense. Unha persoa mii afable e que se nos ofrece moi servicial para todo aquelo que sexa preciso a tódolos galegos que o precisen. Prométennos que non será esta a única ocasión que teñamos para falarmos e augúaranos que teremos máis ocasións en vindeiros programas para podermos desenvolver temas e propostas que sexan de interese para todos nós. Desexámoslles moi FELICES FESTAS.

A seguir voltamos a Galicia, para falarmos con XULIO SIMÓN, nas Rías Baixas, que nos pon ao corrente da moitas chuvias que nesta semana están a sucederse naqueles lares. Tamén nos fai unha breve intervención moi axeitada sobre varios acontecementos culturais moi interesantes. Tamén aproveitamos para desexarlle unhas moi Felicies Festas.

Despois de escoitar outra panxoliñas coa que agasallamos aos nosos seguidores, falamos con ANTONIO DÍAZ, un dos responsables e compoñente da XUNTA Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro, que aproveita os micros desta nosa humilde radio para desexarlle moit boas FESTAS a tódolos nosos oíntes e moi particularmente aos Socios da Entidade, ao tempo que os convida a participar e disfrutar do brindis que se celebra cada fin de ano nos locais da Asociación. Tamén nós lle desexamos moi felices festas e moi particularmente á súa dona AMPARO CENTENO.

Para rematarmos e despedirnos ata o ano que ven, falamos con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña, nas costas de Lugo, par desexarlle o mesmo: ¡Felices Festas! e correspóndenos coa mesma felicitación así como un agasallo especial, unhas panxoliñas compostas por el mesmo. Non foi posible escoitalas, en directo, e en primicia (cousas do directo), pero no vindiero programa recibirémolo moi atentamente.

¡Moitas gracias a tod@s por seguirnos e ATA O VINDEIRO ANO, MOI BOAS FESTAS PRA TODOS!!!!!!!!!!!

1 comentario:

Anónimo dixo...

Me encanta el programa,
me gustaría saber que canción es una que yo siempre conocí como la canción del pollo. Necesito saber cual es el nombre verdadero. Muchas gracias por adelantado. Seguid así.

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...