sábado, 26 de xuño de 2021

SÁBADO 26 de XUÑO do 2021

Último programa de "Semprengalicia" con este formato de "estudios virtuais", mediante o que puidemos levar adiante as nosas comunicacións, intervencións, entrevistas e música para tódolos nosos oíntes e seguidores. Despois de escoitar a sintonía do programa e darlle a ben-vida aos nosos contertulios, Armando Fernández, Henrique Fernández-Mon Sánchez e Juan Pedro Sánchez, poñemos un bocadiño de música para recibir a primeira convidada desta tarde: dona Mercedes Vázquez Saavedra. Escritora, Fotógrafa e grande coñecedora da nosa Cultura Galega. Recibímola felicitándoa e dándolle os nosos parabens, por estar elixida para ser nomeada Arraiana Maior do 2021. Celebramos este recoñecemento como unha raiana e arraiana de pro, e así lle-lo manifestamos. Infórmanos da súa presencia os días 7 e 8 de agosto en Entrimo, onde se celebrarán esas xornadas arraianas, e tamén aproveitará para ofrecer unha das súas exposicións fotográficas fermosas, adicadas concretamente ás mulleres. Desexámoslle moitos éxitos e despedímola con música.

A segunda intervención é a de Manuel Rodríguez Julián, o primeiro director que foi deste noso programa. Fálanos dos proxectos para este verán e dos desexos de que no mes de outubro comecemos unha nova andaina de actividades e bon facer na nosa Entidade. Desexámoslle un feliz verán.

Despois aproveitamos a presencia "virtual" do Presidente de ASOBECAT, Juan Pedro Sánchez, para que nos informe dasa actividades previstas para estes próximos meses. A entrega do Arlequín ao "berciano ilustre Luis Cuervo", na localidade de Lalín, en Agosto. A Romería da Virxe da Encina, prevista para o mes de setembro próximo, a celebración do Magosto Berciano con castañas de Parede e a preparación do grande Festival do Botillo 2022. Desexámoslle moito éxito.

A continuación poñémonos en contacto con Simone G.Saibene, ese director e productor cinematográfico, que ven de recibir o "Mestre Mateo" polo seu traballo e tamén o parabenizamos por ter acadado tanto éxito ultimamente. Está preparando novos documentais e traballos, pero aínda non nos pode adiantar demasiados datos. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa de hoxe e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Conectamos novamente con Galicia, concretamente coas Rías Baixas, para recibir ao noso correspondente Xulio Simón, que nos presenta ao seu convidado Suso Fernández, responsable da Vivenda Rural "Aldea do Mazo", no Caurel. Descubrimos con eles unhas instalacións extraordinarias e convídannos a visitar ese enclave fermoso e natural que ten un atractivo extraordinario. Agradecémoslle a ambos as detalladas informacións que nos aportan e desexamos que teñan un verán moi feliz.

Falamos agora co noso Director da revista "Lúa Nova", Antonio Díaz, a quen lle agradecemos a súa chamada para desexarnos a nosoutros e a tódolos oíntes unha feliz verán. Coméntanos que está traballando para o seguinte número da revista e tamén perfeccionando as bases do seguinte Certame de Poesía Rosalía de Castro. Tamén lle desexamos un verán feliz.

A ultima intervención é a do noso estimado "Poeta da Mariña Luguesa" Paco Rivas, que nos informa da próxima presentación do seu libro "Alen Mundo". Desexamos que teña moito éxito e despedímonos ate o vindeiro mes de outubro, que comezaremos  unha nova tempada, con desexos de aprender e moitas ganas de disfrutar coa audiencia e cos nosos seguidores. ¡Que teñan un feliz verán!

Aquí deixamos o programa enteiro:

sábado, 19 de xuño de 2021

SÁBADO 19 de XUÑO do 2021

Comezamos o programa escoitando a nosa sintonía de sempre e dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores. A continuación ofrecémoslles escoitar unha peza que nos lembra as terras do Bierzo, porque falamos con Alfonso Miguel Martín de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña) e tamén con don Luís Cuervo, avogado e grande berciano que ven de ser elixido polos bercianos de Cataluña como merecente do "Arlequín anual" da Fegalcat. Premio que se lle entregará en Galicia, concretamente o día 10 de Agosto en Lalín, xunto con outros homenaxeados. ¡Parabens, Luís! e moitas grazas a Alfonso e á Xunta Directiva de ASOBECAT, que nos ten sempre moi ben informados das súas actuacións e actividades.

A seguinte conexión é con Henrique Fernández-Mon Sánchez, e con Oliver Fernández, o noso Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, cos que mantemos unha conversa distendida. Tamén se une á conversa o Presidente de ASOBECAT, Juan Pedro Sánchez. Infórmanos da próxima gravación dun CD acargo das "Rosalieiras", as pandereteiras e cantadeiras da Entidade. Convida aos socios e simpatizantes a participar na Festa de San Xoan, que se celebrará diante da Entidade. Tamén nos desexa unhas felices vacacións a todos.

Continuamos o programa conectando con Antonio Reigosa, escritor galego e grande dinamizador cultural, que ven de recibir un Premio: O Follas Novas polo seu libro: Contrahistorias de Galicia. Felicitámolo e cóntanos cómo e de qué vai ese libro. Tamén disfrutamos coa súa conversa e outras informacións que aproveita para darnos en directo. Desexámolle o mellor.

Outra persoa á que chamamos e tamén felicitamos é DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, o Chef do Hotel-Balneario Caldaria de Lobios, grande amigo das nosas emisións. A parabenización é porque acaban de concederlle o "Touche Banche" (Gorro Blanco) que concede o Comité Nacional de Radio Turismo. Unha honra poder contar coa súa participación e colaboración con nosoutros. Felicitámolo e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Novamente voltamos a Galicia para falarmos con Xan Leira, que o próximo día 15 deste mes de xuño presentará o filme: "Galegos en Liboa. A historia xamais contada", nada menos que no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Tamén o felicitamos porque publicouse o libro que el memso editou: "Castelao e os vascos", de Iñaki Anasagasti. Agurámoslle moitos éxitos, e voltaremos a poñernos en contacto con el en vindeiras datas.

Tamén comunicámonos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira, que ademais de desexarnos un feliz verán e un bon remate de tempada, aínda nos aprota unha pequena crónica informativa daquela zona. Agradecémoslle a súa aportación e tamén lle desexamos que disfrute dunhas vacacións feiticeiras.

Despedímonos e desexamos que teñan unha feliz semana. Colgamos aquí o programa completo.

sábado, 12 de xuño de 2021

SÁBADO 12 de XUÑO do 2021

Comezamos o programa coa escoita da nosa sintonía e dándolle a benvida aos nosos oíntes e seguidores. Saudamos ao noso técnico Kiko Belinchón e ao compañeiro Armando. Nos "estudos virtuais" temos xa á primeria convidada Inma López Silva. Saudámola e felicitámola porque ven de recibir o Premio da Asociación de Críticos Literarios, polo seu libro "O libro da filla": PREMIO DA CRÍTICA 2020. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e aproveitamos para que nos axude a coñecer esa súa faceta creativa pola que acadou ese Premio. Desexámoslle moitos éxitos e voltaremos a comunicaarnos con ela para seguir a súa traxectoria.

A continuación falamos con Xurxo Martínez, que ven de publicar un libro na Edicións Xerais, que leva por título: "Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde". Felicitámolo e pedímoslle que nos debulle un chisco ese traballo tan interesante. Ao parecer, segundo nos informa, contou coa colaboración de David Rodríguez Rodríguez para as ilustracións, e son "coarenta realatos que pretenden ser coarenta homenaxes". Coméntanos varios detalles desta publicación e finaliza dándonos unha primicia relacionada coa súa creatividade: próximamente publicarase un libro sobre Moncho Reboiras. Augurámoslle moitos éxitos.

Recibimos ao noso colaborador Henrique Fernández-Mon Sánchez, con quen comentamos algunhas cousas relacionadas coas actividadades culturais da zona onde reside e aproveitamos para despedirnos dos nosos oíntes e seguidores.
 

A continuación ofrecémoslles a conversa-entrevista que mantivemos con Eva Machado, profesora, doutora e escritora nada en Guimaraes. Incorporamos a participación de Eva que a partir de hoxe será unha habitual colaboradora do noso programa. Convinaremos a súa colaboración coa de Teresa Macedo, tamén de Guimaraes, cada quince días. Unha aportación moi enriquecedora para tódolos nosos oíntes e seguidores, así como para a nosa emisión semanal.
 

Aquí teñen o programa completo.

domingo, 6 de xuño de 2021

SÁBADo 5 de XUÑO do 2021

 Outro programa máis con todos vosoutros. Hoxe foi unha emisión especial, xa que tivemos que asistir ao "Festival da A.C.G.Rosalía de Castro-Aniversario 40+1" no Colexio La Miranda de Cornellà. A primeira conexión foi precisamente co noso Presidente Óliver Fernández, que nos deu a coñecer os promenores desta Festa tan sinalada cada ano na cidade de Cornellà, coincidindo coa Festividade do Corpus, "Festa Major". Felicitámolo polo esforzo e o traballo que esto representa, e desexámoslles moitos éxitos.

A segunda intervención é a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón, que sempre ten unha crónica Cultural moi interesante. Nesta ocasión fálanos dos Afiadores e aproveita para aportarnos unhas lecturas moi axeitadas relacionadas con este ancestral oficio.

Despois conectamos con Galicia, para darlle a ben-vinda ao poeta e escritor Manuel López Rodríguez, que ven de recibir o seu poemario "Nas Pulsacións" recentemente publicado en Espiral Mayor polo Concello de Carral, premiado o ano pasado co Premio de Poesía dese Concello. Mantemos con el unha conversa moi agradable e comunícanos algunhas das súas inquedanzas e publicacións. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.

Continuamos a emisión e ofrecémoslle unha PRIMICIA para tódolos nosos oíntes e seguidores: Un agasallo que nos envía a Profesora, Escritora, Cantautora e grande amiga Carmen Penim. Trátase dun conto moi engaiolante que se titula: A lavandeira e paxaro cagón. Tamén escoitamos unha peza musical titulada "Samba de Rosalía", tamén en rigorosa primicia. Todo esto estará incluído no próximo traballo que está confeccionando e que levará por título: "Ven que che Canto un Conto". É un adianto que nos envióu para disfrute de tódolos nosos oíntes e seguidores. ¡Moitas grazas Carmen!

E despedimos o programa ate o vindeiro sábado. Que pasen unha feliz semana.

 

Colgamos aquí o programa completo.

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...