sábado, 26 de outubro de 2019

SÁBADO 26 de Outono do 2019

Seguimos con dificultades para podermos conectar con calidade cos nosos correspondentes e os seus combidados, pero tentaremos facer un programiña entretido e agradable. A primeira comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos presenta á súa combidada de hoxe: Marta Delgado, dinamizadora cultural naquela contorna.



Despois conectamos precisamente con Marta Delgado, encargada da páxina "Mira Xurés" e de moitas actividades relacionadas co Xurés, coa Raia, co evento que teñen previsto realizar o vindeiro día 31 de outubro, coincidindo co "Samaín". Asado de castañas, chocolate, actuación teatral para recrear a noite con cabaciñas adornadas, disfraces... etcétera. Desexámoslles moitos éxitos.
Na segunda hora conectamos con Xulio Simón, en Combarro. A súa crónica sempre ten moito de cultura e interesante aportación. Hoxe ten preparadas novas relacionadas con aconteceres actuais.



Damos a coñecer a presentación dun novo traballo discográfico de Guadi Galego: Un Libro CD, que leva port ítulo: "Immersión". escoitamos algún "trac" deste novo disco e prometémonos poder ofrecerlles máis cancións correspondentes a este fermoso traballo.



Tamén falamos do CD de "A Banda da Balbina"titulado "Con cebola ou sen cebola" . Disculpen o erro cometido na emisión, que mencionei a Banda da Loba, enganeime. Non o podo borrar... Bueno, tentaremos solventalo poñéndonos en contacto coas dúas formacións musicais, en canto poidamos.




Outros estrenos son os traballos de Xulio Lorenzo, gaiteiro que nos ofrece o seu CD: "Volver Soñar", e Marco Foxo, co seu CD "Romances novos e vellos", do que escoitamos un pequeno trac.





E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Que sexan felices!!!

sábado, 19 de outubro de 2019

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2019

Encetamos outro programiña máis de "Semprengalicia" escoitando a nosa sintonía e ofrecéndolles un bocadiño de música. Dámoslles a ben-vinda e deseguida conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas-Combarro, Xulio Simón, que nos presenta ao combidado de hoxe, pero non poderemos manter unha conversa entre todos, por mor das dificultades técnicas que agora mesmo estamos a ter nos controis da emisora. Polo tanto escoitaremos a presentación do noso correspondente e despois de ofrecerlles un bocaidño de música, falaremos co combidado.


Precisamente a persoa coa que falamos é o xovencísimo (21 anos) atleta galego Andrián Ben Montenegro, que nos recibe moi amablemente, a pesar de que ten un compromiso no Campo de basquet do Breogán. Felicitámolo por ter acadado o 6º posto no Campionato Mundial de Atletismo, en Doha, na modalidade de 800 metros no que ademais pulverizou o tempo acadado por outros atletas españois. Comentamos con el algúns aspectos da súa traxectoria e traballo sacrificado e minucioso que lle deu como resultado ter ese recoñecemento e éxito atlético. ¡Parabens e que sigas conseguindo moitos éxitos!


Continuamos e conectamos coa Baixa Limia, para que o noso correspondente, Xosé Lamela Bautista, nos presente ao seu combidado, co que falaremos despois da súa exposición, xa que continuamos a ter esas dificultades xa mentadas anteriormente.


Falamos con BENITO PEREIRA DOMÍNGUEZ, Enxeñeiro Textil, Psicólogo e comunicador radiofónico, co que falamos da súa traxectoria creativa, como escritor e investigador da zona xuresiana e moi concretamente de Entrimo e Muiños. Precisamente dese Concello de Muiños presentará un libro no que leva traballando nada menos que 8 anos. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.


Tamén conectamos con Vilafranca del Penedés, para falar coa nosa amiga, Profesora, poeta e escritora, Pura Salceda, que nos fala da novela que ven de publicar na Editorial Galaxia, e que leva por título. "O PAXARO DE NÁCARA". En vindeiras datas falaremos con ela outra vez, para que nos confirme a data e a hora na que se presentará, oficialmente, moi posiblemente a finais do mes de novembro. ¡Moitos éxitos, benquerida Pura Salceda!


Na ultima parte do programa, como ven sendo habitual, sempre conectamos co noso "Poeta da Mariña Luguesa", Paco Rivas. Unha conversa moi agradable e feiticeira, comentando cousas cotidianas pero tamén interesantes. 


E antes de despedirnos damos conta das Actividades que se están a desenvolver na A.C.G.Rosalía de Castro, perante este último trimestre do ano.


Despedímonos de tódolos amigos e seguidores, e pregámoslles que volvan a sintonizarnos o vindeiro sábado, á mesma hora.



SÁBADO 12 de OUTUBRO do 2019

O programa desta fin de semana non puidemos emitilo en directo, xa que era festivo. A Virxe do Pilar. Felicitamos a tódalas Pilaras desexándolles un feliz día. Grabámolo dedicándolle a maior parte do programa á escoita de varias pezas musicais combinándoas coa relación de varias festividades gastronómicas e outras alternativas que se celebran en Galicia esta Fin de Semana. Así pois comezamos dándolles a ben-vida e ofrecémoslle escoitar primeiro unha primicia de "Carmen Penim" e outras pezas máis.


Despois comentamos a celebración dalgunhas Festas Gastronómicas que están a celebrarse esta fin de semana en varias localidades galegas. Moi importantes e moi recoñecidas.

A seguinte información está relacionada coa Festa do Viño Tinto e algunha festa gastronómica máis.

Despois comentamos a celebración da Festa do caracol, a Festa da Mazá e da sidra en Marín, a "XXXII Festa do Mel en Baladouro" e algunha máis.

Tamén comentamos a grande celebración do "Poemagosto de Allariz" na que interveñen o Grupo de Música tradicional "Habelas Hainas", coas que nos comprometemos a falar para que nos comenten algo da súa creación, traxectoria e proxectos...

Aínda voltamos a falar de máis celebracións e voltamos a escoitar outro bocadiño de música para que vaian disfrutando.

E para despedirnos escollemos algunhas pezas tradicionais.

Non deixen de escoitarnos a vindiera semana, que prometemos estar novamente con todos vosoutros, ofrecéndolles outro progamiña interesante, e coas conexións de ssempre. Esta vez sen "enlatar". Que teñan unha feliz semana.

martes, 8 de outubro de 2019

SÁBADO 5 de OUTUBRO do 2019

Un programiña máis con todos vostedes para ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. Comezamos escoitando un pouco de música e conectamos con Galicia, concretamente co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos presenta á súa combidada de hoxe, dona Mari Carmen Yáñez, Ilma. Alcaldesa do Concello de Lobios, que nos recibe moi amablemente e conversamos cos dous. Coñecemos máis polo miúdo unha serie de novidades e informacións relacionadas con esa localidade fronteiriza, chea de engado e que compre visitar para coñecer moito mellor, como nos indican eles.



A segunda intervención é a de Tamara Andrés, poeta e traductora, encargada da sección "No Estrelampar" que sempre ten moitas e interesantes noticias culturais. A súa participación sempre está chea de informacións precisas e cheas de ensino. Grazas, Tamara.



Na segunda hora, coma sempre, conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, en Combarro, Xulio Simón. Despois dos saúdos de rigor fainos un pequeno percorrido cultural e agasállanos coa lectura dun texto escollido por el que nos engaiola. Sempre aprendemos da súa axeitada escolla cultural.



Despois conectamos con Fernanda Follana Neira, a nosa correspondente nos Ancares Lugueses. A súa crónica está relacionada cunha escolla de informacións relacionadas coas terras ancaresas, así como unha moi interesante que fala do antergo Camiño de Santiago por aquela zona.



Como non puidemos conectar co noso Poeta da Mariña, Paco Rivas, damos lectura a dúas poesías (quen puidera ser bullote..., e foise setembro coa lúa...) da nosa admirada poeta pastora, Nieves Fernández Vidueira, que compartimos con todos vostedes, desexando que sexan do seu agrado.



E despedímonos ate o vindeiro sábado, aínda que non podemos confirmarlles a nosa presenza, porque é a festividade do Pilar e posiblemente non poidamos facer o programa en directo. Terémosvos informados: Daremos cumprida información no Facebook... 

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...