sábado, 30 de marzo de 2019

SÁBADO 30 de MARZO do 2019

O ultimo programa do mes de marzo con todos vosoutros. Temos que disculpara a participación dos nosos colaboradores semanais, Xosé Lamela, Xulio Simón e Fernanda Follana, que teñen outras obrigas que atender. Despois de darlles a nosa máis cordial benvida, poñémonos en contacto co noso amigo e antigo corresponsal da Axencia EFE en Padrón, MASITO BEIRÓ, que nun tempo foi o noso correspondente en Galicia, para participarlle os nosos parabens porque xa se atopa disfrutando da xubilación e aquelas pequenas incomodidades de saúde parece que xa remitiron. Aproveita para darnos coñecemento de varias e interesantes noticias, que seguro profundizaremos en vindeiras ocasións. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.

Segidamente falamos con Montse González de Verso a Verso, que ademais de notificarnos algunhas das actuacións nas que participou, agasállanos coa recitación dunha poesía adicada ao viño Mencía. Unha primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores. ¡Moitas grazas Montse!

Despois conectamos novamente con Padrón para falarmos con ISAAC, Xefe de Cociña do emblemático "Hotel Restaurante Scala". É unha satisfacción e un privilexio contar coa súa aportación de hoxe, xa que de primeira man infórmanos da celebración da "Vª Festa Gastronómica da degustación da Lamprea" e este establecemento é un dos que participan moi activamente nesta oferta e degustación dese prato tan cotizado. Indícanos que aínda que mañá será o ultimo día deste evento, no Restaurante do Scala seguirán ofrecendo ese suculento manxar ate ben entrado o mes de Abril e quizaves na Semana Santa aínda poderán dirixrse a eles para reservar e  probalo por tan só 30€uros. En vindeiras ocasión tentaremos voltar a falar con Isaac, para que nos continúa informando das exquisiteces que se poden degustar no Scala de Padrón.

A continuación aproveitamos para informalles de dous acontecementos relacionados co pasamento dun grande investigador da nosa Literatura Medieval - Giussepe Tavani - e o doutro grande da nosa cultura como foi acordionista Pazos de Merexo. As nosas máis sinceiras condolencias. Tamén comentamos a posibilidade que teñen de reservan, aínda están a tempo, para disfrutar nesta Semana Santa, da estancia na Vivenda Rural "Xanela da Lúa", rexentada por dona Carmen, coa que tenabamos falar en directo con ela, pero non nos foi posible... Pero xa saben que se queren disfrutar dun lugar con encanto achéguense a Lira e alúguense na "Xanela da Lúa". Outra oferta das que queremos facer mención, para que teñan outras oportunidades, neste caso no interior de Galicia, é a Vivenda Rural no Interior, concretamente pertiño de Melide: "A Casa de Asumpta", se proban seguro que voltarán posto que teñen unha atención especial e ademais da gastronomía galega tamén escoller algúns pratos típicos cataláns, posto que os donos son de Sant Vicens dels Horts.

Outra das Vivendas Rurais que tamén lles indicamos e seguro que serán moi ben recibidos é a "Casa de Romualdo", na Ribeira Sacra. Falamos con Francisco, un cego zanfonista que nos explica un bocadiño do que poden disfrutar naquel paraxe incomparable onde se practica a "viticultura heroica" do viño Mencía e Godello, por excelencia. Unha casa do século XVI que aínda poden tentar alugala para algún dos vindeiros días de Semana Santa. 

E por hoxe ren máis. Desexamos que pasen unha feliz semana e o vindeiro sábado, de 18 a 20horas, prometémoslles voltar a tentar facer outro programiña, cheo de noticias, boa música galega e moitas cousas máis.

sábado, 23 de marzo de 2019

23 de Marzo do 2019

Un programa máis con todos vosoutros. Comezamos ofrecéndolles unha peza musical para  comunicar directamente co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista. Nesta ocasión mantemos unha conversa-entrevista chea de coñecementos e ensino que lle agradecemos moito e despedímolo ate a vindeira semana. ¡Moitas grazas pola túa colaboración semanal, Xosé!

A segunda intervención é a de Daniel Bellón, un grande da nosa música galega. Profesor e virtuoso da Gaita, que tamén toca outros instrumentos. Fálanos da súa traxectoria profesional e das creacións e próximas novidades que están a preparar. Tamén nos pon en antecedentes desa Escola Bellón-Maceiras de Fene, que conta con moitísimos alumnos que están a darlle moitas satisfaccións.

A segunda hora comeza coa conexión co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que nos presenta ao Catedrático don Xesús Alonso Montero, cos que mantemos unha conversa-entrevista chea de ensino e anécdotas moi interesantes. Agradecémoslles a súa intervención de hoxe.

Despois falamos co noso poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, a quen felicitamos e dámoslle os nosos parabens polo pequeno video co que nos agasallou, e que tódolos nosos oíntes e seguidores poden disfrutar e contemplar na páxina de vimeo.

Aproveitando que estamos a celebrar a semana da poesia atrevémonos a recitar a poesía da nosa poeta pastora Nieves Fernández Vidueira, que seguro será do agrado de tódolos nosos oíntes.

Xa nos despedimos ate a vindeira semana. ¡Disfruten!

sábado, 16 de marzo de 2019

Sábado 16 de Marzo do 2019

Comezamos outro programiña máis de dúas horiñas de radio en galego, dándolles a ben-vinda e saudando á nosa amiga poeta dona Miriam Ferradáns Ferradás, que nos acompaña hoxe nos estudos e á que lle agradecemos a súa participación nestes primeiros instantes. Témola aquí porque ven impartir unha Conferencia que leva por título: "As Mulleres da Conserva Galega". Este é un dos moitos actos que están a desenvolver na Asociación Rosalía de Castro de Cornellà, como integrantes do Consell de la Dona. Agradecémoslle a súa participación desinteresada. Despedímonoso ate a vindeira semana á mesma hora. Quedan en boas mans, con Armando.


A seguinte comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, Xose Lamela Bautista, que nos pon ao corrente da súa aportacion semanal, sempre chea de interese para todos nosoutros. Despois de escoitar algunhas pezas musicais conectamos con Galicia para falar con SES, María Xose Silvar, que acaba de publicar un novo CD que leva por título: "Rabia ao Silencio". Agradecésmolle a súa colaboración que sempre amosou coa nosa humilde emisión e desexámoslle moitos éxitos.

Continúa coa conexion con Fernanda Follana Neira, a nosa correspondente nos Ancares, que ten preparada a súa colaboración semanal relacionada con aquelas terras luguesas.

E despedímonos ate a vindeira semana, que tentaremos estar con todos vosoutros con máis música, entrevistas, noticias e comunicacións de interese para todos vosoutros.


domingo, 10 de marzo de 2019

SÁBADO 09 de Marzo do 2019

Comezamos outro programa máis ofrecéndolles unha peza da cantautora MARÍA DO CEO, para conectar con Galicia e recibir ao noso correspondente na Baixa Limia Xosé Lamela Bautista, que nos ten preparada a participación de don ANTONIO PIÑEIRO FEIJOO, asíduo colaborador e escritor no Xornal "La Región" de Ourense, grande dinamizador cultural, responsable e Padrón en varias Fundacións galegas, como a de Curros Enríquez... Mantemos unha conversa-entrevista chea de ensino e prometémonos voltar a conectar con eles para seguir recibindo informacións e novidades.



Seguidamente escoitamos unha peza musical, concretamente REXURDIMENTE, que acaban de poñer no "youtube" as "De VACAS", un Grupo musical moi interesante e cos que tiñamos moitas ganas de falar. Chamamos a Paula, unha das compoñentes, que nos atende moi amablemante e danos cumprida información da súa creación e traxectoria musical. Desexámoslles moitos éxitos. En vindeiras datas tentaremos voltar a comunicarnos con elas para que nos sigan dando noticias dos seus concertos e da súa interesantísima traxectoria musical. Agradecémoslle a súa participación tan amable.


A segunda hora, como cada semana comeza coa conexión con XULIO SIMÓN RÚA, que dende as Rías Baixas sempre ten preparada a súa participación con interesantes aportacións.
Nesta ocasión ten como convidada a Loli Beloso Neira,  con quen xa temos falado noutras ocasións, pero neste caso queremos felicitala pola publicación do libro: ISAAC DIAZ PARDO e FERNANDO ARRANZ. Fálanos deste traballo que ten moito que ver coa visibilización deste grande ceramista Fernando Arranz. O recedado pola venta deste libro seguirá entregándoo para a investigación do Cancro. ¡Moitas grazas Loli!


Falamos agora coa nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, que den A Fonsagrada fainos a súa crónica semanal referida ás actividades que está axudando a realizar nesa fermosa localidade luguesa.


Aínda temos a participación de TAMARA ANDRÉS, coa súa sección "No Estrelampar", que a recibimos mediante unha gravación que nos envióu, pero que está chea de información cultural, como ven sendo habitual na súa aportación de sempre. ¡Graciñas, Tamara!


E despedímonos ate a vindeira semana, que teremos a Conferencia da nosa amiga Miriam Ferradáns, sobre "As Mulleres da Conserva galega". Esperamos poder conversar con ela próximamente...

sábado, 2 de marzo de 2019

2 de MARZO do 2019

Un programiña máis con todos vosoutros, tentando pasar dúas horiñas de radio en galego, con novedades musicais, entrevistas e conversa entretidas... Precisamente falando de música ofrecémoslle a escoita dunha peciña musical do último CD das "Tanxugueiras". Despois das salutacións conectamos coa Baixa Limia para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA nos presente á convidada doutora dona PATRICIA PAZOS CRESPO, médico rural en Lobios. Mantemos unha conversa-entrevista moi interesante, relacionada con esa profisión tan importante naquelas zonas tan pouco poboadas. Agradecémoslle a súa amable atencion e comentamos a posibilidade de continuar a nosa conversa en vindeiras ocasions, para seguir falando doutros aspectos arraigados no tradicional galego.

A segunda intervención é a de dona CARMEN PICHEL, a nosa amiga costureira de grande prestixio, afincada en Lestedo, que nos fala da "XXXVI Festa da Filloa da Pedra de Lestedo, en Boqueixón". Danos unha ampla e cumprida información desta Festa de Galicia declarada de Interese Nacional.  Tamén nos informa, en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores do seguinte: A presentación do 1º traxe de muller para unha Xenerala do Encontro de "Xenerais do Ulla", que terán unha actuación importante na celebración da mencionada Festa da Filloa de Lestedo o día 10 de marzo vindeiro. Desexámoslles moitos éxitos e agradecémoslle a súa fantástica colaboración.

Despois falamos con don MANUEL MANDIANES CASTRO, Antropólogo, doutor en Etnografía e Antropoloxía, en Ciencias Sociais, Socioloxía e Teoloxía. Científico titular do CSIC, e escritor. Saudámolo e felicitámolo polo artigo recentemente publicado na prensa galega (na Voz de Galicia) e así aproveitamos para que nos fale do Entroido que se celebra no "Triàngulo máxico do Entroido Ourensán -Laza, Xinzo, Verín-" que ten unhas raíces ancestrais impresionantes. Tamén nos comenta un bocadiño do seu último libro: "En Blanco", que seguro virá a presentar próximamente a Cornellà. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe no noso programa e suxerímoslle voltar a conectar con el para seguir comentando moitas das súas reflexións e comentarios.

Despois de escoitar outra peza do último CD das Tanxugueiras, detémonos comentado varias informacións que nos chegan á nosa Redacción. E despedímonos ate a vindeira semana.

Que disfruten e non se esquezan de voltar a conectarse con nosoutros. ¡Que sexan felices!

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...