domingo, 26 de xuño de 2016

Sábado 25 de San Xoan do 2016

Ultimo programa da tempada que comezamos escoitando unha peza do Grupo ZURRUMALLA, para conectarmos directamente coa Baixa Limia para falarmos co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos pon ao corrente de varias noticias relacionadas con algunhas das recentes celebracións na zona , así como da próxima entrega dos Xuíces Honorarios do COUTO MIXTO. Desexámoslle que pase un feliz verán.

Despois falamos con SANTIAGO LORENZO SUEIRO, que nos informa da publicación do seu libro: O REINO SUEWO (SUEVO) DE GALLAECIA, do que se atopa moi satisfeito, non só polas felicitacións recibidas senón tamén pola presentación "fabulosa" que lle fixeron en Madrid (concretamente na CASA de GALICIA). Informounos da próxima presentación en AGARIMOS, de Badalona o vindeiro día 8 de XULLO.

Novamente conectamos con Galicia, concretamente con Portomarín, para falar con RUBEN, responsable do Restaurante O MIRADOR, que tamén é Albergue no Camiño  de Santiago. Confírmanos da recente inauguración do Hostal EL PADRINO, ao seu cargo. Ven a representar unha nova oferta hostaleira ao servizo dos camiñantes e turistas. Agradecémoslle a súa desinteresada colaboración e participación no noso programa.

Falamos con ARMANDO, que dende o País Vasco danos a súa impresión do seu percorrido por aquelas terras e deséxalle a tódolos nosos oíntes e seguidores unha felices vacacións.

Na segunda hora, coma sempre, conectamos coas Rías Baixas, para falarmos co noso correspondente XULIO SIMÓN, que sempre ten escollidas informacións interesantes e nesta ocasión ponnos en contacto con REBECA, do Restaurante "Tinta Negra" en Comabarro, que nos declama o famoso poema de Rosalía de Castro: "Unha vez tiven un cravo", traducido ao inglés. Agradecémoslle a súa inestimable colaboración e tamén nos despedimos desexándolles unhas felices ferias vacacionais.

A ultima conversa-entrevista é con dona CARMEN PENÍN, que ven de ser designada XUÍZ HONORARIA do Couto Mixto. Felicitámola e desexámoslle moitos éxitos. Fálanos de inminente celebración do Concerto que está a piques de realizar na Fundación Vicente Risco, en Allariz, e moitas cousas máis. Agradecémoslle a súa amable atención e despedímonos ate a vindeira tempada, convidánvos a que sigades sintonizándonos.

¡¡¡ Boas VACACIÓNS a TOD@S !!!

domingo, 19 de xuño de 2016

O Programa de onte, 18 de XUÑO do 2016

Hoxe temos que disculpar a LAURA Santos e ARMANDO Fernández, que teñen certas obrigas persoais ineludibles e non poden estar presentes nos estudos. De tódolos xeitos tentaremos poñernos en contacto con Armando para que nos faga de correspondente dende Badalona.
A primeira conversa-entrevista é con FERNANDO BARROSO, que ven de publicar un novo CD titulado INTROPÍA, e aproveitamos para ir escoitando, de fondo unha peza deste traballo persoal tan interesante. Felicitámolo polos éxitos que está acadando e desexámoslle que siga colleitando moitos máis.

A seguir conectamos con OLGA ROMAY PEREIRA, Profesora e escritora galega que acaba de publicar un libro moi interesante: LOS HIJOS DEL SENADOR, e aproveitamos para falar con ela e que nos poña en antecedentes sobre ese seu traballo. Agradecémoslle a súa participación.

Conectámonos novamente con Galicia para achegarnos á "Raia Mollada", concretamente a SELA, onde se atopa AGAPITO VALADO, que nos fala da Asociación Cultural EVARISTO DE SELA, e das moitas actividades que realizan nesa Entidade galega. Tamén nos convida a visitar aquela zona na que seguro poderemos disfrutar non só de paisaxes fermosas senón tamén de gastronomía e viño albariño de grande calidade. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e comprometémonos a continuar conectando con el en vindeiras ocasións.

Falamos con ARMANDO Fernández, que hoxe fainos de correspondente dende Badalona para informarnos da Festa Galega de AGARIMOS, que están a celebrar con moita afluencia de público.

Aínda que non podemos conectar coa Baixa Limia para falar co noso correspondente Xosé Lamela, sí que nos poñemos en contacto con JORDI RODRÍGUEZ, responsable do GES de Lobios, que nos informa das diferentes actuacións tan importantes que realizaron días atrás na "Corga da Fecha", chea de risco e delicada actuación deses expertos do Grupo Especial. Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe.

Para finalizar notificamos algunhas informacións que chegan á nosa Redacción e comentamos, un pouco "polo miúdo", un tema moi interesante relacionado coa "percusión e pandereteiros galegos", e escoitamos tamén algunha peza musical relacionada co tema.

Agardamos que volvan a sintonizarnos a vindiera semana.

martes, 14 de xuño de 2016

Sábado 11 de XUÑO dp 2016

Comezamos o programa o equipo ao completo: Laura Santos, Armando Fernández e mais un servidor, acompañados polo noso  habitual Técnico de só, KIKO Belinchón.
A primeira comunicación é con Galicia, concretamente con Santiago de Compostela, para falarmos con don SANTIAGO LORENZO SUEIRO, ue ven de publicar un libro que leva por título: Reino SWEVO (SUEVO) En GALLAECIA. Falamos da súa inminete presentación en Madrid e próximamente en Badalona, concretamente no mes de xullo. Desexámoslle moitos éxitos.

Falamos con LUÍS García, do Grupo TIRULEQUE, que nos acaban de enviar os seus dous CDS e comentamos con el varias actuacións e concertos a realizar por Galicia e Asturias. Agradecémoslle a súa atención e voltaremos a comunicarnos con el para que nos siga informando das súas creacións,

Conexión coas Rías Baixas, para falarmos con noso correspondente XULIO SIMÓN, que nos fai un relatorio dalgunhas novidades e despedímolo propoeñendo escoitar unha pezas de música galega.

Despois de comentar algunhas noticias que nos chegan á Redacción despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores.

A vindeira semana máis, e tentaremos colga-lo programa axiña, para non ter retrasos.

Sábado 04 de XUÑO do 2016ÓS

Programiña atrasado que xunto co vindeiro sábado colgamos hoxe mesmo. A primeira intervención-conversa foi con don XOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ, Etnógrafo e escritor de A Gudiña, que nos informa da publicación dun seu libro titulado: CONTOS E LENDAS ARRAIANOS, cheos de documentación arraiana e de cultura popular de transmisión oral. Agradecémoslle a súa amable atención.

Tamén conectamos coa Baixa Limia para falar co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que foi o ue nos facilitou a entrevista anterior, e que aproveita para falarnos del e dos actos aos que asistiu esoutro día na cidade de Ourense, que están a celebrar a Feira do Libro.

A terceira conversa é co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón que nos adianta a conversa que teremos que manter co contacto que el mesmo nos facilita: Xacobe, do Grupo PAVÍS-PAVÓS, de Pontevedra.

XACOBE Rodríguez, fainos un pequeno percorrido dese evento tan interesante que están a realizar en Pontevedra: OS SETE FALARES, que xa levan varios anos de celebración e con moito éxito.

Conectamos con don JUAN PRIETO, Presidente da Agrupación Cultural Galega AGARIMOS de Badalona, que nos fala da celebración da Festa Galega en Badalona, que realizarán a vindeira semana do 17,18 e 19 de xuño.

A última entrevista-conversa é con don UBALDO, do BAR Restaurante "Los Ancares", na rúa Robrenyo 74-76, de Barcelona que mañá mesmo celebrarán a Festa do Marisco.


A vindeira semana máis.

28 de MAIO do 2016

Este sábado non fixemos programa xa que coincidiu coas FESTAS do CORPUS - FESTA MAJOR de Cornellà, e nas que a nosa Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO organizou a XXXVI FESTA Galega no Parc de CAN MERCADER.

domingo, 12 de xuño de 2016

21 de MAIO do 2016

Programa atrasado, que non puidemos "colgar" nestas datas por mor de certas obrigas persoais e outros atrancos que me impediron cumplir con todos vosoutros, pero agora ireinos colocando, pouco a pouco, para disfrute de tódolos nosos oíntes e seguidores. Este primeiro programa atrasado, estivo a cargo de ARMANDO FERNÁNDEZ, que aproveitou un primeiro momento para entrevistar a XAVIER PARADA, do Grupo LEMBRANZAS, de Moaña, con quen mantivo unha pequena conversa para informarnos da traxectoria deste Grupo. 

Despois conectou con MERCHI ALVAREZ, en Cambados, que é Presidenta de AME-Galicia e púxonos ao corrente das novidades relacionadas con esa Asociación tan importante e que está levando a cabo unha serie de actuacións moi importantes para os socios e afectados. 

Para despedirse informa das próxima celebración da XXXVI FESTA GALEGA de Can Mercader, que se celebrará a vindeira semana e por ese mesmo motivo non teremos emisión, xa que coincide coas FESTA do CORPUS - FESTA MAJOR de Cornellà.

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...