martes, 28 de febreiro de 2012

Programa do 25 de FEBREIRO do 2012

Sábado 25 de febreiro do 2012
Comezamos este sábado coa intervención no noso programa de ANTONIO DÍAZ Vicepresidente da "Asociación Cultural Galega ROSALIA de CASTRO", e Director da revista Lúa Nova, posto que acaba de entregarse o nº 52 da revista que cumple nada menos que 25 anos de existencia. Infórmanos dunha serie de actos importantes para tódolos socios e simpatizantes da Entidade.

A segunda intervención provén de Galicia, como cada fin de semana, e poñémonos en contacto con Xosé Lamela, que nos presenta a don José Antonio Amoeiro, que foi Director do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Unha conversa interesante.

Na segunda hora contactamos coas Rías Baixas, onde se atopa o noso amigo e colaborador Xulio Simón, que nos fai unha crónica escollida dalgunhas das cousas interesantes da nosa cultura.

E antes de rematar conectamos coas Rías Altas, onde se atopa o noso "poeta da Mariña Lucense: Paco Rivas" que nos deleita coa declamación dalgunhas das súas creacións.

Rematamos cunha peza de música adicada a tódolos que nos seguen e aproveitamos para informarlles de que pronto poderemos escoitar un novo programa de radio en galego, dirixido polo noso colaborador Armando Fernández: "Galegos no BAIX", en Radio Sant Boi, no 89.4 da FM. Tódolos martes de 4 a 5 da tarde.
Volatermos a vindeira fin de semana. Agardámosvos!!!
 

Emisión do 18 de FEBREIRO 2012

Sábado 18 de febreiro.
Comeza este programa o noso colaborador ARMANDO FERNÁNDEZ, dándolle a ben-vida a unha das súas comunicantes de "A Fonsagrada", para que darlle información da Feira do Butelo que se celebrou esa fin de semana nesa localidade lucense.

A seguir conexión con Galicia para falar co ex-Sub.delegado do Goberno en Ourense, don Camilo Ocampo e con Xosé Lamela

Na segunda hora falamos con HELENA VILLAR JANEIRO, a Presidenta da Fundación Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente das actuacións previstas para celebrar o "175 Aniversario" do nacemento de Rosalía de Castro. Tamén intervén Xulio Couxil.

Rematamos o programa informando dalgunhas cousas interesantes e escoitamos algo de música galega.

Voltaremos a vindeira semana coa mesma teima, se pode ser, mellor. 

luns, 13 de febreiro de 2012

11 de FEBREIRO 2012

Programa do sábado 11 de febreiro do 2012
Nesta fin de semana non poderemos contar con algunhas das nosas habituais colaboracións de cada emisión, pero contamos con poder ofrecerlles una programa entretido e ameno. A primeira parte dedicarémola a poñer no seu coñecemento algunhas noticias chegadas á nosa Redacción e centrarémonos nun pequeno apartado dedicado aos "Cantares de Cego".

Despois seguimos coas informacións diversas que nos chegan dende Galicia e que imos "adubiando" cun bocadiño de música escollida, para que poidamos manter unha mellor atención e procurar que sexa máis ameno o noso programa.
>
Na segunda hora comunicámonos con Galicia, con XOSÉ LAMELA  e mais con don XOSE LUIS RAPELA, arquitecto. Falamos do accidente de camión que se empotrou (xa vai un mes) no comedor dunha casa en Barbadás, e dos traballos previstos realizar para poñer solución a ese problema. Tamén aproveitamos para solicitarlle a súa impresión sobre temas relacionados coas Restauracións, así como dos plans previstos para esa zona e tamén da Baixa Limia. Agradecémoslle a súa colaboración, neste noso programa de hoxe e convidámolo a que volva a participar connosco en vindeiras ocasións.

Tamén conectamos coa "Mariña Lucense" e falamos co noso "poeta mariñán, don PACO RIVAS" e fainos a súa regalía particular declamándonos varias das súas composicións para axudarnos a rematar o programa de hoxe.

Desexámosvos unha feliz semana e contamos voltar a tervos na nosa sintonía, para ofrecerlles outra vez este noso programa, alomenos igoal, e se podemos mellor.

luns, 6 de febreiro de 2012

4 de febreiro do 2012

Programa do sábado 4 de FEBRERIRO

Encetamos o programa dándolle a ben-vida a Armando Ferdez. e adiantándolles o que propoñemos para estas dúas horiñas de radio: Falaremos con Xosé Lamela e con Agustín de PLABALI, conectaremos con NAVIA de SUARNA, para falar co seu Alcalde, falaremos con Xulio Simón, como cada semana, achegarémonos ao Concello de A Fonsagrada, para falarmos co seu Alcalde e tamén buscaremos un bocadiño de tempo para conectar coa nosa Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro"... E tentaremos escoitar algunhas pezas da nosa música galega, para facer un pouquiño máis entretido todo o condumio que temos preparado.
A primeira comunicación é, como lles anunciabamos, con Xosé Lamela que nos presenta a don Agustín, portavoz da Plataforma Baixa Limia.


A seguir conectamos novamente con Galicia e poñémonos en contacto con don José Ferdez.Ferdez., Sr. Alcalde de Navia de Suarna, que nos fala da "Festa da Androlla", e das moitas posibilidades turísticas das que dispón este Concello.


Detémonos un bocadiño para falarmos con Ricardo Pérez, membro da Xunta Directiva de A.C.G.Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente das diferentes actividades que realiza a Asociación.


Proseguimos o programa e falamos agora con Xulio Simón, o noso correspondente que se atopa en Combarro, nas Rías Baixas, e fálanos de Isaac Díaz Pardo e outras interesantes cousas que sempre prepara con moito agarimo para todos nós.


E acabamos o programa de hoxe volvendo a conectar con Galicia, concretamente con don Argelio Fernández Queipo, Sr. Alcalde do Concello de A Fonsagrada, que nos fala da XV Festa do Butelo, que se celebrará a vindeira fin de semana do 11 e 12 deste mes de febreiro.

Voltamos a convidarvos a que conectedes connosco para facer a vindeira semana o mesmo o máis e mellor, se podemos.

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...