martes, 24 de febreiro de 2009
O "trasteo" de Chousa e de outros 3
Ola Outra vez:
Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFICIAL dos VIANOS DE MEL, que ofrecemos a tódolos que se apunten. Foi "Chousa de Alcandra" :
quen me dixo cómo facelo, e que teremos o vindeiro sábado no programa de "Sempre en Galicia", e que nos falará desta iniciativa tan interesante e que desexamos teña unha repercusión importante.
Aquí tedes unha foto do tarro de bombóns.
Tedes que enviar a vosa solicitude ao correo do blog: semprengalicia@gmail.com
Eu procurarei facervos chegar o número, tal e como me explicou "Chousa".
Mirade como vai a cousa no seguinte enderezo: http://chousadaalcandra.blogspot.com/2009/01/trasteo.html
Tamén podedes enterarvos mellor nestoutro blog:
http://oblodelm.blogspot.com/2009/01/meme-do-traste-galego.html
Un saúdo cordial a todos os que participades.
Actualización e "Trasteo"
Aos nosos seguidores e a tódolos que estades á espera de que "colguemos" os dous ultimos programas, pedímosvos desculpas, pero causas alleas á nosa vontade impedíronnolo:
ESTAMOS TRABALLANDO PARA OFRECERVOS: o do día 14 e do día 21 de febreiro.
Xa sabedes que no primeiro (o día 14) tivémola entrevista que lle fixo Xosé Carlos a don Ramón Rey, con motivo da Festa do Percebe. Farémolo posible para que poidades escoitala.O día 21 estivo dirixindo o noso programa "Serxio Seoane", como ben sabedes aqueles que estivéstedes á escoita, e nos acostumades a seguir mediante a Internet. Foron dúas horas moi entretidas e tivémola sorte de poder facer unha crónica dende Galicia. Conectamos con Puri e Nieves, as responsables do "Mirador da Ribeira", en Viana do Bolo, onde nos atopabamos varios dos colaboradores deste voso programa e fixémos de corresponsais da "troula" e Entroido que se celebra naquelas terras engaioladoras. Demos a coñecer a excepcional festa que se estaba a realizar.
Unha mostra delo son as copias dos carteis que aqui amosamos. A destacar o menú do día 22.
Actualización e "Trasteo"
Aos nosos seguidores e a tódolos que estades á espera de que "colguemos" os dous ultimos programas : NON PUIDEMOS FACELO, de momento.
Probamos de colocar aquí un reproductor de música, para ver se podemos colgar algunhas pezas de música e as grabacións de cada semana. Estamos a probar e traballar para mellorar, se queredes enviarnos algunha suxerencia e métodos para facelo máis accesible, agardamos que nos enviedes as vosas propostas ao nos correo, ou colgando algunha suxerencia ou comentario no propio blog:

domingo, 8 de febreiro de 2009
7 de febreiro do 2009
O programa de hoxe foi engaiolante. Tiven a honra de face-lo con MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, o primeiro Director deste "Sempre en Galicia". Para min foi un pracer especial contar coa súa axuda e prensencia nos estudios. Mágoa para todos nosoutros que por motivos alleos á miña persoa non podo ofrecervos as grabacións do que fixemos. Un problema técnico impediume ter recollida con fidelidade a grabación do programa. Disculpádeme, sinto moito non poder colgar as diferentes intervencións dos entrevistados.
Comezamos cunha pequena introducción, dando a coñecer diversas noticias chegadas dende Galicia á nosa redacción. Facémonos eco da toma de posesión da cadeira que ocupaba don Miguel Anxo Araúxo na Real Academia Galega, por parte de Margarida Ledo Andión, ben coñecida de moitos dos nosos oíntes. Damos cumprida lectura de todas elas e deseguida comunicámonos con Galicia para falar con CELSO PARADA, director do Teatro do Morcego. Falamos da obra que se vai a representar no Teatre Gaudí, concretamente na Sala Gran, da obra que leva por título: "O Club da Calceta". Unha obra interpretada por 7 actrices galegas, todas elas de alto nivel. Sete mulleres que interpretan unha obra que ben tendo un éxito extraordinario en Galicia e que agora veñen a ofrecer ao público de Barcelona dende o 12 de febreiro. Un agasallo especial para os nosos oíntes foi que perante os días que se faga a interpretación as cinco primeiras entradas veránse agraciadas cun libro da novela de María Raimóndez, autora da novela na que se basa a obra teatral do mesmo nome: "O Club da Calceta". Augurámoslle o mesmo éxito ca en Galicia, ou máis.
A segunda comunicación con Galicia é para mantermos unha longa conversa-entrevista co Sr.Alcalde de ARZÚA, don Xaquin García Couso, co-fundador da Asociación Rosalía de Castro de Cornellà, que nos atende moi amablemente a pesares de que ten un día moi atafegado de traballo, xa que precisamante este serán teñen un mítin de pre-campaña electoral na Casa de Cultura da vila, do candidato a Presidente da Xunta, don Anxo Quintana, acompañado de Ana Pontón, a segunda da lista pola Coruña e Armando Carril. Agradecémosllo persoalmente e comezamos a entrevista pedíndolle que nos faga un breve repaso do que se está a facer naquelas contornas e qué previsións teñen con respecto aos resultados das vindeiras eleccións do 1 de marzo. As súas respostas van encamiñadas a ofrecer unha visión de futuro moi semellante á actual situación política, segundo as enquisas, na que se voltaría a reproducir a coalición bipartita do PSG e o BNG, xa que as previsións son de que o PP perda como mínimo 5 ou 6 representantes, que virán a engrosar as filas dos actuais coalicionistas, aínda que está por definir cal dos dous partidos será o receptor da perda dos conservadores. Sigue a darnos unha visión moi positiva do seu concello, que ten unhas infraestucturas moi avanzadas para todos aqueles que desexen visitalo, convida a tódolos oíntes para que pasen a visitalo e emprezámonos para vindeiras ocasións nas que poidamos falar máis polo miúdo das ofertas da súa vila.
Seguindo a liña encetada a semana pasada continuamos coas nosas conversas cos responsables dalgunha das diferentes casa rurais da vila de Viana do Bolo. Nesta ocasión tocounos falar con Toñi, a responsable do "Hotel O Retorno", que lles informa aos nosos oíntes das comodidades e lecer do que poden disfrutar reservando unha habitación neste hoteliño con encanto.
A seguinte conversa é con Mª dos Anxos, a responsalbe do "Hotel Vila de Viana", que tamén afirma a non existencia de habitacións para a fin de semana do Entroido Vianés, concretamente a do 21 e 22 de febreiro, pero que anima a tódolos oíntes a visitar a zona en calquera outra ocasión, non só por disfrutar da estancia nese hoteliño, que foi unha vivenda recuperada do século XIX, senón tamén polas moitas posibilidades que teñen de poder pasear polas ribeiras dos rios Bibey e do Camba, así como comprobar as fermosas vistas que ofrecen os embalses do arredor.
A semanal intervención de PACO RIVAS fainos entrar na faceta creadora e poética deste noso incondicional colaborador da Mariña Lucense, que regala á nosa audiencia varios poemiñas xogueteiros (como dicía el) cheos de engado e de feitizos.
Despois, rematamos o programa coa inesquecida declamación poética dunha composición propia da nosa poeta galega en Barcelona IRIA FERNÁNDEZ.
Volvo a perdirvos disculpas. Non podo ofrecervos as grabacións por certos problemas técnicos que tiven a última hora. Sintoo moitísimo!!!, pero prométovos recompensar este "erro" con máis dedicación e entrega en vindeiras ocasións.
Saudiños a todos e ata a vindeira semana.
Aproveito a ocasión para enviarlle un saúdo cordial e darlle as máis expresivas gracias a "Goroca", pola súa "axuda" e colaboración poñéndonos en contacto con Celso Parada. Nalgún momento falaremos con el en directo, se é posible.
¡Moitas Graciñas Gonzalo!

luns, 2 de febreiro de 2009
31 de XANEIRO do 2009
Esta semana temos moitas informacións e noticias que nos chegan de Galicia. Comezamos puntualmente, coma sempre, coa música-sintonía do programa: Cristina Pato, e deseguida damos cumprida información do que temos pensado facer nestas dúas horiñas de programa.
A primeira comunicación con Galicia é para falar con don LISARDO FERNÁNDEZ GÓMEZ, o responsable da Vivenda Rural-Restaurante "A Nosa Casa", de Viana do Bolo. Mantemos unha pequena conversa moi agradable e ofrécelle a tódolos oíntes a posibilidade de coñecer aquelas terras, aloxándose na "Súa Casa" unha fin de semana con pensión completa por tan só 35€ por persoa e día. Agasallo importante para os que desexen visitar esas terras.
Despois dunha lectura apurada de varias informacións e comunicacións que nos chegan á Redacción, conectamos novamente con Galicia, concretamente con JUAN JOSÉ RODRÍGUEZ VAQUEIRO, o responsable do Hotel-Spa de Santa Mariña da Ponte, peretencente tamén a Viana do Bolo. Aproveitamos a información que temos, gracias á revista nº 6 de Saudade. Dinos que acaban de inaugurar esas instalacións o día 2 de xaneiro pasado. Ofrécelles aos oíntes tódalas posiblidades de disfrutar daquela paraxe extraordinaria e idílica que se atopa naquel val de Santa Mariña da Ponte, pertiño do encoro de Vilariño de Conso, a 12 quilómetros de Viana do Bolo. Para as datas do vindeiro Entroido xa teñen tódalas habitacións reservadas, é dicir non hai prazas. Pero convídanos a que pasemos unha fin de semana aproveitando as ofertas especiais que teñen. Poden achegarse á súa páxina: http://www.santamarinadaponte.com/ . Quedamos emprazados para facerlles unha visita noutro momento.
Na segunda hora conectamos novamente con Galicia e dende Combarro recibimos a comunicación de XULIO SIMÓN, como ven sendo habitual. Énchenos de ledicia saber que a pesares das previsión metereolóxicas adversas, aínda non se produxo ningunha noticia desfavorable, non sendo a suspensión das competicións deportivas nas instalacións escolares.
Falando con PACO RIVAS, indícanos que o temporal sobre a Mariña Lucense xa remitiu e ao parecer as inclemencias son as propias dun inverno un pouco máis grande ca en anos anteriores. Desexamos que continúe dese xeito, e deléitanos con varios poemiñas da súa autoría.
Rematamos o programa escoitando a María do Ceo e desexando voltar a telos como oíntes e participantes das nosas inquedanzas a vindeira semana.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024
O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...