O día 3 de maio non podemos facer o programa
mércores, 30 de abril de 2008
sábado, 26 de abril de 2008
O programa do día 26/04/08
Seguro que os escoitantes-oíntes de "Sempre en Galicia" descubriron unha nova faceta do noso programa. Estamos a introducir novidades e tentamos poñer en marcha unha nova forma. Quixeramos recibir as opinións e comentarios dos que nos seguides, pero aínda non me puxen ao día nestas novas técnicas para poder amosárvolas. En pouco tempo (espero que antes dun mes) asegúrovos que farei o posible para atender esta inquedanza e desexo compartido por moitos dos colaboradores e coñecidos que estamos nesta mesma teima de falar en galego e comunicármonos con todos vós. Prégovos que sigades á espreita e que teñades un pouco de pacencia. Eu cumplirei coa miña promesa e seguro que será do voso agrado.
No programa de HOXE, comezamos cunha pequena conversa con BALBINA LÓPEZ ÁLVAREZ, a Presidenta do Centro Cultural Galego da "Roca del Vallés", quen nos puxo ao corrente das inquedanzas dos galegos da ROCA e das actividades previstas para vindeiras xornadas, en primeiro lugar a do 29 de XUÑO, que será a FESTA GALEGA NA ROCA. Despois convidou a tódolos oíntes a que visitasen o seu blog, que podedes comprobar no "enlace" que aparece neste noso blog. É unha persoa moi inqueda e moi sensibilizada coas nosas cousas. EStá moi interesada en levar adiante os destiños desa Asociación Galega da Roca del Vallés. Dende aquí ¡Moitos azos e ánimos para seguir adiante!
Comezamos un novo apartado do programa que tentaremos chamar "pequena tertulia", que aproveitamos enlazar entre o anterior director deste programa XOSÉ LAMELA BAUTISTA, xunto con XOSÉ RAMÓN ALONSO DE LA TORRE (escritor e profesor en Extremadura). O tema a debruzar entre nós foi "A RAIA" Portuguesa/Española ao longo da xeografía. Alonso de la Torre introduciunos nesa raia que tan ben coñece porque viviu en Salamanca, en Pontevedra e agora en Extremadura. Deunos pequenos esbozos, xa refrexados no seu libro "La frontera que nunca existió", e fíxonos disfrutar escoitando a súa descrición dos lugares e acontecementos que nos ía relatando cun agarimoso acento galego. A intervención de Lamela axudounos para saber que viña de asistir á inauguración dun monumento adicado ao último xuíz do "Couto Mixto" do que xa temos falado en moitas ocasións, pero que nunca é demais saber deste privilexiado lugar que perdeu os seus dereitos alá polo ano de 1864, momento en que a "Andorra da Raia" que mencionaba de la Torre no seu libro deixou de beneficiarse das particularidades das que disfrutaba. Unha conversa na que soubemos algo máis dos nosos ancestros e deixounos o desexo de saber moito máis, así que prometimos volver a convidalos en vindeiras ocasións para podermos adentrarnos neses marabillosos lugares da nosa xeografía que non é de ninguén, pero que sigue sendo fermosa e nosa.
Dende Galicia, outra vez, na segunda hora, XULIO SIMÓN deunos unha panorámica de novidades interesantes para todos aqueles que o seguimos cada sábado: Comezou coa información do tempo, excelente neste fin de semana -no que aproveitan os labregos para quiemar os rastrollos e podaduras do inverno- a novidade de que "Freixenet" quere seguir a producir o viño Albariño do Pazo expropiado a Oubiña, os grandes acontecementos e actividades programadas con motivo do "Centenario da morte de Curros" así como varias lecturas interesantísimas que el sempre escolle con especial agarimo para todos nós. Precisamente rematou a súa intervención coa lectura dun anaco do lbro "O Catecismo do Labrego", pertencente á colección "O Moucho" que o xornal O País reedita e regala a partir desta fin de semana en Galicia, con motivo do ano adicado a Xosé María Álvarez Blázquez. Tamén nos falou doutras novas, como a estancia de Touriño en París, que aproveitou para falar con altas institucións para que a "Torre de Hércules" o Faro romano que aínda segue a funcionar, sexa declarado Patrimonio da Humanidade... a súa colaboración sempre é ben recibida no noso programa.
Xa no remate atrevinme a batexar este espacio, co permiso de Paco Rivas, co nome de "Recuncho Poético". A primeira palabra por mor de que é un anaquiño do moito que facemos, e poético porque é unha das creacións máis interesantes e importantes da nosa teima e traballo.
A declamación dos catro poemas desta fin de semana foron unha regalía para os ouvidos de tódolos escoitantes. Prometemos que en vindeiros programas tentaremos grabar a súas intervencións e colgarémolas para todos aqueles que desexen recordalas e recrearse coa súa participación inestimable e desinteresada.

domingo, 20 de abril de 2008
Sempre en Galicia : 19 de abril 2008
Este sábado tivemos o estudio cheo de visitas.
* Na primeira hora estivo dona Amelia, directora do grupo de Teatro "Anduriña", acompañada de dúas das compoñentes do grupo, cuxas fotografías acompañamos a esta nova entrada.
* Despois presentamos "en exclusiva e primicia" o primeiro disco de NEIRELA, gracias a Serxio e Alfonso, compoñentes ambos do grupo, e que estaban exultantes coa súa nova producción. Escoitamos varios temas do seu novo e recente traballo. Tamén acompañamos as súas fotos. Aproveitamos para falar de LAMATUMBÁ e OPHIUSA, dos que colgamos sendos videos e música xa que nos enviaron a súas novidades e recentes publicacións. Escoitádeos.
* Na segunda hora tivemos a intervención de Xosé Carlos González, que fixo unha exposición da viaxe tan interesante que realizaron a EE.UU. fai dúas semanas e dixo que se atopa comprometido a levar alá nada menos que un cento de gaiteiros de Catalunya para poder participar no "San Patricio".
* Tamén contamos coa inestimable colaboración de Paco Rivas, que nos deleitou coa súa charla e despedímolo, como sempre, coa súa declamación de varias das súas composicións poéticas, que tanto nos falagan e que ademais serven para ensalzalo espírito de tódolos escoitantes.
* Para finalizar mantivemos unha charla moi interesante co Vicepresidente do Centro Galego de Lleida, don Juan Rodríguez Gómez Dacal, membro do Coral Cengallei, e coa súa directora, dona Rosa González Mahía. Unha ledicia podermos compartir eses momentos agradables. Participaban no Encontro de Corais Galegas de Catalunya, na Igrexa de Sant Jaume, na rúa Ferrán de Barcelona. En vindeiras ocasións, cando o tempo e as posibilidades técnicas o permitan, tentaremos de colgar aquí non só as súas fotografías, senón tamén algunha das intervencións que se produzan perante a realización do programa "Sempre en Galicia".
venres, 18 de abril de 2008
Fotos no programa
Do arquivo que temos, aproveitamos algunhas fotos nas que podedes ver algunhas das persoas que pasaron polos "micros" de "Sempre en Galicia", e que aínda seguen na nosa lembranza e recordo, xa que eles estiveron primeiro ca nós e marcaron unha fita importante nesta nosa tarefa de levar adiante este programa en lingua galega.
Desexamos publicar algunhas máis.
Estas son un adianto do que vos queremos facer partícipes.
O noso apoio á candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.
A nosa proposta de músicas
Dende agora en adiante tentaremos poñer algún que outro "video" ou "mp3" que se poidan recoller e escoitar no noso "blog". Seguro que aínda nos fai falla algunha que outra corrección para levar adiante o que tentamos sexa unha fiestra de comunicación e intercambio entre tódolos nosos asiduos escoitantes e participantes no programa "Sempre en Galicia", pero a verdade é que se non nos poñemos a traballar nelo non chegaremos nunca a facer ren.
Seguimos en probas, estamos traballando para podermos conseguir algo que poida servir para todos, pero pregámosvos pacencia para que poidamos chegar a bon porto.
Pronto vos comunicaremos a mellor forma de participar connosco.
De momento ese é o adianto que desexamos compartir con todos vós.
domingo, 13 de abril de 2008
Na mesma liña de "probas e continuidade" do que desexamos facer neste "blogger", aproveito a ocasión para incluír aquí o resumo de Premios concedidos no VII Certame de Música e Baile Galego de Cataluña:
CLASIFICACIÓN: Solistas:
1º Casa Galega de L’Hospitalet
Grupo de Baile:
O día 12 de abril retornou Paco Rivas ao noso programa
Hoxe, 12 de abril, volve a retomar a súa colaboración co noso programa o escritor e poeta PACO RIVAS, que como en edicións anteriores volveu a felicitarse e felicitarnos a tódolos escoitantes por retornar a participar connosco neste programa de radio en lingua galega.
Dende aquí aproveitamos para darlle as gracias polo seu esforzo e pola súa colaboración desinteresada, que tentaremos compensar cando teñamos oportunidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024
O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...