domingo, 30 de noviembre de 2014

SÁBADO 29 de Novembro do 2014

O programa de hoxe estivo cheo de sorpresas moi agradables e os estudios cheos de persoas e amigos. Comezamos dándolles a ben-vida o equipo de sempre: Laura Santos, Armando Fernández e u servidor. Visítannos ELI RÍOS e ANA VÁZQUEZ, membros do Xurado do "28 Certame de Poesía Rosalía de Castro". Conversamos moi distendidamente... Escoitamos unha peza de música do CD recén publicado de Gaudi Galego, recibimos a Xosé Lamela...Un pequeno erro de comunicación e continuamos. 

  Falamos con ELI do seu libro: ANAMNESE e facemos un percorrido pola súa traxectoria. Aproveitamos para chamar a MANUEL LÓPEZ RODRÍGUES, que se atopa en NOIA, preparando o "II Encontro de POETAS" e recibimos información completa do evento e propoñemos escoitar unha peza musical con motivo do recoñecemento como Patrimonio Inmaterial, por parte da UNESCO, ao cante Alentejano. 

 Tamén recibimos nos estudios a MARÍA SIMÓN, unha "fan" incondicional de SES, e aproveita para contestar as preguntas que tiñamos no concurso das entradas dobres para o Concerto de "O Val das Mouras" e SES, na Sala2 Salamandra de Hospitalet. 

 Despedímonos cos desexos de que poidan sintonizarnos no próximo programa, despois dos festivos da Purísima. 

 Na segunda hora conectan con XOSÉ RAMÓN, da "Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei". Conversa-Entrevista informativa do que está a suceder no Val de Monterrei, das firmas solidarias que están acadando e da reivindicación social e popular para que non se convirta o Castelo en Hotel ou Parador... 

 A conexión final é con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que nos agasalla coa súa conversa e declamación poética.

 A vindeira semana non teremos programa, pero agardámosvos o día 13 de decembro.

No hay comentarios: