lunes, 23 de marzo de 2009

O programa do sábado 21 de marzo do 2009

A gravación desta semana comezou un "bocadiño" máis tarde e non puidemos recollela dende o principio, pero fixemos unha recuperación dende a participación e charla que tivemos co actual Presidente da Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro", don Ricardo Pérez Anta, que nos informou, polo miúdo, das diferentes acitividades que se están a realizar na Entidade.

A continuación conectamos con Galicia e tivémola participación, como case cada sábado, con Paco Rivas, quen ademais de facer un curto comentario sobre as cousas que están a suceder no país, así como do tempo que están a disfrutar na Mariña Lucense. Remata a súa colaboración coa declamación de varias composicións poéticas da súa autoría.

Hoxe, como tiñamos prometido, conectamos con Manuel L.Rodrígues. Falounos do seu blog, do seu libro premiado "Antítese nativa", da súa creación e da próxima edición dunha segunda edición do mesmo libro, acompañado dun dvd con colaboracións especiais, de Noia, da súa ría... Quedamos para poder conectar noutra ocasión e prometeunos que nos deleitaría coa lectura dalgunha das súas creacións poéticas. Desexámoslle moita sorte.

A comunicación semanal con Xulio Simón, estivo chea de información e detalle sobre un tema que saíu publicado na revista "Grial": As emisións de radio en Barcelona, asinado por Mónica Rebolo. Coido que teremos que enviarlles unha comunicación persoal á dirección da revista para que se pola ao día nesto da información, xa que ten algúns erros e fáltanlle precisións sobre as emisións e datas de realización das mesmas. A continuación falounos da commemoración do 75 aniversario das emisións de Radio en Galicia. Como é un traballo moi documentado e extenso, prometeunos enviárnolo e colgarémolo neste blog para que poidamos consultalo e facer uso del.

A última comunicación fixémola con don Manuel Vázquez, Presidente do Centro Galego "NÓS" , de Sabadell, que nos informou das diferentes actividades que están levando a cabo e convidou a tódolos oíntes a participar nelas.

Rematamos o programa cunha información dorosa: o falecemento do noso entrañable amigo e compañeiro de profesión, do "gremio da tiza", Agustín Calvo Torrecilla. Enviámoslle unha aperta saudosa á súa familia. E despedímonos ata a vindeira semana, que prometemos voltar con moitas novidades, música e conversas con Galicia.

2 comentarios:

Manuel L. Rodrigues dijo...

Moito obrigado por terdes posto aquí a entrevista. Gostei moito dela. Unha aperta

"Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM dijo...

Aledámonos moito e contamos poder voltar a conectar contigo, noutro momento, para disfrutar escoitando algunha das túas composicións poéticas.
Saudiños cordiais